“Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló”

87

Esta exposición, composta por 52 obras gráficas seleccionadas entre os fondos da Colección de Arte Afundación, permítenos coñecer mellor a obra dalgúns dos mestres da arte española do século XX, entre os cales sobresaen tres grandes xenios internacionais da pintura e que o foron tamén da arte da estampa: Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.

Con esta mostra, para alén de nos enmarcar no panorama da época, descubriremos como as distintas técnicas de gravado, a litografía e a serigrafía reivindican o seu valor técnico e estético e se diferencian así do resto das manifestacións artísticas.

Poderase visitar ata o 18 de abril na sala de exposicións do Café Moderno Afundación de Pontevedra.Praza de San Xosé, 3. Horario: de luns a venres, de 18 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 h. e de 18 a 21 h.