Os tres Xeves celebran a Festa da Natureza

106

A asociación Sondexeve celebra esta fin de semana a súa primeira Festa da Natureza co propósito de dar a coñecer o potencial natural dos tres xeves: Santa María, Santo André e Verducido. Para iso organiza este venres, 20 de marzo, a primeira Festa da Natureza que terá o seguinte programa:

  • I Exposición de camelias dos tres Xeves
  • 10.00 horas. Saída da Casa da Cultura de Santa María de Xeve. Andaina ao Marco da Estada e subida ao Miradoiro do Monte Crabadoiro.
  • 16.30 horas. Xogos populares para nenos e adultos.
  • 18.00 horas. Presentación da Asociación Cultural Sondexeve na que se fará unha historia do Club de Fútbol de Xeve, así como diversos actos culturais e rematará cun pincho.

Festa da natureza