Este domingo comeza unha nova edición do Pontenbici coa Pedalada

3767

O Concello de Pontevedra volve a pór en marcha o programa Pontenbici que obxectivo de que “a xente se anime a usar máis a bici”, segundo explicou o concelleiro de Transportes, Miguel Filgueira. Seguindo os esquemas de anos anterios, a oferta deste programa é ampla e variada e consiste, basicamente, en:

  • Pedalada homenaxe que será este domingo e ten como motivo rendir unha homenaxe aos ciclistas falecidos na autovía de Marín así como reclamar un acceso peonil e de bicicleta entre Pontevedra e Marín. O Concello xa ten enviado ao Ministerio de Fomento un proxecto para que esta aspiración sexa realidade, pero o Ministerio é reacio a que sexa así. A pedalada rematará na autovía que estará pechada até ás 14.00 horas.
  • Natureza sobre rodas, que terá dúas opcións: para público familiar con dúas saídas; e para público un pouco máis experto e a partir dos 16 anos con catro saídas por distintos puntos do concello.
  • Criterium de bicis de piñon fixo, que será o vindeiro 2 de maio e que se aproveitará o percorrido para facer unha carreira de clásicas.
  • A Feira da Bici que servirá, como todos os anos, de exposición de bicis novas e usadas, así como para comprar e vender material.
  • O Cyclocinema que é unha nova aposta. Aproxección de películas na Casa das Campás os luns e martes. E a continuación haberá un coloquio.

Para presentar o Pontenbici, a Concellaría mediu co Ciclotrómetro a saúde ciclista dos pontevedreses, que subidos a unha bicicleta estática tiñan que respostar a varias preguntas sobre os seus hábitos de vida e o uso da bicicleta.

Programa de Pontenbici

COMPARTIR