Axudas para a rehabilitación enerxética de edificios existentes (IDAE)

482

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES

Resolución do 25 de setembro de 2013_ BOE núm. 235, do 01/10/2013. Ver modificado pola Resolución de 28 de abril de 2015_BOE núm. 107, do 05/05/15. Ver

Máis información

Rematou o prazo para solicitar esta subvención.

Solicitudes:
As axudas poderán solicitarse desde o día 6 de maio de 2015 ata o término da vixencia do programa, o cal se producirá cando concorra a primeira das seguintes circunstancias: o 31 de decembro de 2016 ou o esgotamento do orzamento dispoñible.

As solicitudes efectuaranse conforme ao formulario dispoñible no enderezo de internet do IDAE www.idae.es. Tanto a solicitude como a documentación a aportar deberán presentarse en castelán, salvo a emitida por unha administración ou organismo oficial.

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas e xurídicas propietarias de edificios existentes destinados a calquera uso, comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades de propietarios de edificios residenciais de uso vivenda ou agrupacións de propietarios, empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios e as empresas de servizos enerxéticos, nos termos establecidos no apartado octavo.1. das bases reguladoras).
A contía máxima das axudas determinarase en función da tipoloxía da actuacións e do seu custo elexible correspondente.

Actuacións:
As axudas destinaranse a actuacións integrais en edificios existentes de calquera uso, sempre que melloren o aforro enerxético, a eficiencia enerxética o aproveitamento das enerxías renovables e a redución das emisións de dióxido de carbono, e sempre que se cumpran as condicións establecidas nas bases reguladoras. Exclúese de xeito expreso, a obra de nova planta. Estas actuacións deberán encadrarse nalgunha das seguintes tipoloxías:
1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas e de iluminación
3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas
4. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica nas instalacións térmicas

As axudas outorgadas poderán ser compatibles con calquera outra concedida para a mesma finalidade (ver apartado segundo.5. das bases reguladoras).

As obras non poderán terse iniciado antes da entrada en vigor do Programa (apartado quinto.2.a) das bases reguladoras).
O edificio debe ser existente, ano de construción deberá ser anterior ao ano 2014.

Custos elexibles:
Serán custos subvencionables os necesarios para acadar os obxectivos enerxéticos deste Programa, para cada unha das tipoloxías de actuacións (honorarios profesionais, custos da redacción dos proxectos, custos da dirección e execucións de obras e das instalacións, custos de xestión da axuda… Non se inclúen licenzas, taxas, impostos ou tributos.

 

COMPARTIR