Lores tras recibir o Excelence for Active Design Award: “Merecemos outras cidades”

210

“As persoas merecemos cidades mellores”. Con esta frase rematou o alcalde a súa valoración do Premio Excelence do Center for Active Design de New York, unha entrega de premios celebrada no ático de Columbus Circle desde o que se contemplaba Central Park e o seu peculiar sky line neoyorkino tras o manto vexetal do xigantesco verxel urbano.

            O acto, sinxelo pero amenizado con saxo e baixo, congregou a un cento de persoas e referencia a todos os premiados, se ben Pontevedra —o único de dimensión internacional— mereceu un sitio de honra e un pequeno discurso do alcalde Lores, que aproveitou para dicir que é posible construír lugares máis agradables para vivir.

            Co estruendoso ruído de fondo do caótico tráfico de NYC, Lores foi facendo referencia a unha pequena cidade sen contaminación, sen demasiados ruídos e con nenos que van sos á escola. Previamente, o arquitecto e profesor David Burney, responsable de deseño e construción de New York entre 2004 e 2014, louvara o modelo pontevedrés destacando o liderado político da transformación, a rapidez con que se fixo, xa que considerou que 16 anos é moi pouco tempo para procesos deste tipo, e ensalzou a figura do alcalde como artífice do resultado.

            Promover un estilo de vida sano entre a cidadanía é o principal mérito do modelo urbano que representa a nosa cidade, segundo recolle unha guía impresa que se editou co gallo desta entrega de premios. Tamén se recollen datos relativos á diminución do tráfico, e en consecuencia a mellora da seguranza viaria, o menor número de accidentes, pero tamén outros relativos á prantación de especies autóctonas no monte. “Pontevedra é pioneira no movemento polo deseño activo. O seu proceso e a súa metodoloxía son replicables e estableceron un modelo que outras moitas cidades poden aprender”.

 

Bo día, Gabinete de Comunicación