Benestar Social Municipal asina os contratos de traballo para 17 perceptores de Risga

218

A Concellaría de Benestar Social Municipal asinou onte o contrato de traballo de 17 persoas perceptoras de Risga (Renta de inclusión social de Galicia) que se distribuirán entre os servizos de Xardíns, Brigadas de obras e Cemiterios. O contrato é de sete meses e ocupará o 75% da xornada.

            Grazas aos cursos de manexo de productos fitosanitarios que impartiu a Concellaría de Benestar Social Municipal a finais do ano pasado, moitas das persoas que agora acceden a estes postos de traballo, o fan por estar en posesión do carnet de manexo destes productos. Esto significa que unha boa planificación por parte da Concellaría, e estar atenta ás necesidades do mercado laboral é fundamental para que este colectivo acceda a un posto de traballo.

            Por outro lado, estes contratos son posibles grazas á subvención xestionada ante a Xunta de Galiza despois das denuncias realizadas por este Concello no retraso do cobro dos Risgas. Dende Benestar Social Municipal tensionouse ao máximo á Xunta de Galiza, a través do Parlamento, cos datos de retraso de concesión dos Risgas. Estes datos foron achegados polo Concello de Pontevedra despois de numerosas denucias públicas.

            A normativa aprobada polo Partido Popular fala de dous meses como máximo para a concesión destas axudas e na actualidade a Xunta tarda arredor de oito meses de media. Esta situación avergoñou a propia conselleira -cuestión que lle honra-, e autorizou estas subvencións laborais para acalar o descontento.

            Dende Benestar Social Municipal, dáselle a benvida a este novo grupo de traballadores e traballadoras que conseguiron o posto.

COMPARTIR