Seis accións de Goberno para iniciar o mandato “cun ritmo elevado”

205

O novo Goberno de Miguel Anxo Fernández Lores ao fronte do Concello de Pontevedra comeza con paso firme. A Xunta de Goberno reunida esta mañá acordou impulsar seis actuacións en materia de acción de Goberno, tal e como informou o portavoz, Raimundo González Carballo. As medidas son:

  1. Impulsar o proxecto do novo acceso a Monte Porreiro (viario alternativo, que pasará pola traseira de Tafisa).
  2. Solicitar unha entrevista ao Ministerio de Fomento para abordar a construcción do paseo de Mollavao a Marín; e para acometer a vía verde de Pontevedra a Arcade.
  3. Solicitar unha entrevista ao presidente da Xunta para abordar todos os proxectos da Xunta en Pontevedra.
  4. No ámbito rural,  impulsar a elaboración do proxecto de centralidade parroquial en Salcedo, no lugar comprendido entre o colexio de A Igrexa, o colexio de Cabanas e o Centro Cultural.
  5. Encargar o anteproxecto para a execución do parque forestal de A Fracha así como impulsar a tramitación de convenios coas comunidades de montes.
  6. Impulsar a Rede de voluntariado social.

O portavoz do Goberno explicou que “son proxectos complexos nos que hai varias entidades implicadas por iso son os primeiros que se impulsan”.

Estas seis actuacións se enmarcan dentro do propósito do Goberno de iniciar este mandato “cun ritmo elevado”.