O alcalde dálle os parabéns á nova Xunta de persoal que se constituíu esta mañá

141

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores saudou esta mañá aos integrantes da Xunta de persoal do Concello, que se constituíu esta mañá na sede do Concello, en Michelena, 30.

O alcalde deulles os parabéns polos resultados obtidos nas eleccións sindicais celebradas a primeiros de mes, e desexoulles o mellor no seu exercicio durante os vindeiros catro anos que serán representantes de todo o cadro de persoal do Concello de Pontevedra.

COMPARTIR