Axudas do Plan renove de caldeiras de alta eficiencia para o ano 2015

571

CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS RELATIVAS AO PLAN RENOVE DE CALDEIRAS DE ALTA EFICIENCIA, E DA SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA SÚA XESTIÓN (códigos de procedemento IN422D-IN422E)

  • Orde do 10 de xuño de 2015-Bases reguladoras. Ver
  • Orde do 17 de agosto de 2015-Modificación das bases (ampliación de crédito). Ver
  • Resolución do 8 de setembro de 2015-Relación de entidades colaboradoras. Ver
  • Orde do 14 de outubro de 2015 pola que se modifica a Orde de 10 de xuño de 2015 en relación coa ampliación do prazo de xustificación das actuacións subvencionables. Ver

Rematou o prazo para presentar as solicitudes de subvención.

Listaxe de empresas colaboradoras

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

– A instalación de caldeiras de alta eficiencia enerxética de gas natural, GPL ou biomasa de potencia térmica maior ou igual a 5 kw para a produción de auga quente sanitaria e/ou calefacción en substitución de caldeiras de baixa eficiencia enerxética situadas en vivendas particulares e comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal do sector residencial, radicadas en Galicia.
– No referente á instalación de novas caldeiras de biomasa, solo se subvencionarán as actuacións en vivendas unifamiliares e comunidades de veciños situadas nas zonas incluídas nos perímetros urbanos das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

GASTOS SUBVENCIONABLES
– O custo da caldeira de gas natural, GPL ou biomasa.
– O Custo do conduto de evacuación dos produtos da combustión.
– Os gastos derivados da montaxe e conexión dos equipamentos.
– O IVE.
No caso de caldeiras de biomasa, ademais subvencionarase o custo do equipamento que permita o su adecuado funcionamento o os sistemas de almecenamento e alimentación de combustible. En ningún caso se subvencionarán as estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente.

BENEFICIARIOS
As persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e as comunidades ou mancomunidades de veciños.
Estas axudas son compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, sen que en ningún caso o importe da subvención supere o 100% do investimento subvencionable.

CONTÍA DAS AXUDAS
A contía calcularase en función do equipamento que se prevé instalar, da potencia térmica nominal e do titular da instalación cos límites máximos que recollen as táboas que figuran nas Bases reguladoras, sin que poida superar o 30% do investimento subvencionable, incrementándose nun 10% mais se a caldeira que se prevé substituír ten como combustible o gasoil.

SOLICITUDES. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As entidades colaboradoras do Plan renove de caldeiras, empresas instaladoras de instalación térmicas en edificios (empresarios individuais ou entidades privadas con personalidade xurídica validamente constituídas), son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva de fondos, presentar a solicitude e a documentación xustificativa da actuación).
1. Lugar:
– preferiblemente por vía electrónica (https://sede.xunta.es ou https://entidadescolaboradoras.xunta.es). Necesario o DNI electrónico ou outro certificado recoñecido pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
– opcionalmente, en soporte papel (orixinal ou copia compulsada) mediante o formulario normalizado en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
2. Prazo:
As empresas colaboradoras teñen o prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde para solicitar a súa adhesión (código IN422D).
O prazo para presentar as solicitudes de axuda comenzará 25 días hábiles a partir do día seguinte ao publicación desta Orde e finalizará o 30 de outubro de 2015, agás o suposto de esgotamento de crédito.

XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN
Nos 150 días hábiles desde o día seguinte á data da concesión da axuda a través da aplicación informática, e nunca máis alá do 30 de outubro de 2015, a entidade colaboradora ten que realizar a obra e presentar a documentación xustificativa da actuación.

Máis información na páxina web oficial da consellería: Http://economiaeindustria.xunta.es, teléfonos: 981 957185 ou 881 999431, enderezo electrónico : cei.dxem.enerxia@xunta.es ou ben presencialmente na Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Pontevedra sita na rúa de Don Filiberto, s/n (Edif. Teatro Ppal, 3º andar), tel. 986 804335, enderezo electrónico: otrehabilitación@concellopontevedra.es

COMPARTIR