Pontevedra celebra o Orgullo

202

No balcón da Casa Consistorial xa loce a bandeira LGTBI. É o pistoletazo de saída da programación Free Life Orgullo Pontevedra 2015 que terá a seguinte programación de actos:

  • 7 de xullo. 18 horas Casa da Luz. Acto contra a transfobia.
    • Nenos e nenas pintan a bolboreta de Chrysallis
    • Leitura do conto “O mono que naceu dun ovo”
    • Documental sobre a transexualidade na infancia
    • Coloquio coa colaboración da Asociación de Familias de Menores Transexuais
  • 11 de xullo.
    • 12 horas. Campiño de Santa María. Romaría urbana. Xantar e Djs durante toda a tarde.
    • 22 horas. Polbo e copas en PTV (rúa Dona Tareixa)
    • 01.00 horas. After party en Sala Karma. Djs que pincharán durante a festa: Certain Music Label Showcase, Rhythm & Soul, Malaguita, Moreno Moreno, JC.

Programa do Orgullo