O Concello comprométese a traballar coa Mesa pola Normalización para potenciar o uso do galego

135

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña reuníronse hoxe coa Mesa pola Normalización Lingüística que está a facer unha rolda de entrevistas cos alcaldes das grandes cidades de Galiza para facer un fronte común na defensa da lingua.

O alcade indicou que “a idea é potenciar, usar, pór en valor, e estender o uso do galego, que é o noso” e manifestou o compromiso do Concello de Pontevedra en “traballar por aumentar o uso do idioma no comercio, entre os veciños, na cultura…”, en todos os eidos da vida social pontevedresa.

Fernández Lores amosouse “encantado de que nos dean ideas e apostamos por colaborar con eles na defensa do idioma para que sexa o máis operativo posíbel”.

Pola súa banda Marcos Maceiras, presidente da Mesa, indicou que “queremos iniciar unha nova etapa no país, que debe facer fronte a estes seis anos negros que protagonizou Alberto Núñez Feijoo”, polo que apostou por “traballar buscando a cohesión dos concellos baseado en acordos e nas leis xa aprobadas por unanimidade de todos os parlamentarios galegos”.

COMPARTIR