A Xunta de Goberno aproba a adxudicación á Cespa do contrato de mantemento dos xardíns

123

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación provisional á empresa Cespa do novo contrato de mantemento de xardíns do Concello de Pontevedra por valor de 507.231,49 euros sen IVE (613.000 euros con IVE). Esta foi a proposta da mesa de contratación celebrada a pasada semana e que escolleu esta opción logo de estimar todas as ofertas presentadas. A empresa deberá presentar agora a documentación pertinente para adxudicar definitivamente o contrato e iniciar os traballos.

A oferta de Cespa propón incrementar os espazos de tratamento ademais dos incluídos no prego, á senda do Lérez até Bora, o parque forestal do Pontillón do Castro, o parque de Valdecorvos, o parque de Conde Bugallal, os espazos verdes entorno aos centros culturais ou aos centros escolares de Devesa, A Meán, Cons e Lusquiños.

Ademais, outra das melloras de esta empresa é a subrrogación de todo o persoal actual, máis a incorporación de dous oficiais xardiñeiros.

COMPARTIR