O alcalde recibe ao Foro Empresa Pontevedra

183

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías recibiron esta mañá ao Foro Empresa Pontevedra integrado pola Conferederación de empresarios de Pontevedra (CEP), Aempe e AJE. Neste encontro, no que se aproveitou  para asinar os convenios de colaboración anuais entre o Concello e Aempe e AJE, o alcalde transmitiulles a gran sintonía que mantén o Concello coa actual liña de promoción da CEP de apoio ás Pymes, e tamén lles informou de que o Concello colaboraría naqueles proxectos que foran bos para Pontevedra no eido da promoción do emprego.

Tamén lles informou que na liña da creación de emprego o Concello mantén un convenio coa Universidade de Vigo e a Cámara de Comercio para a creación dun viveiro de empresas vinculadas ao mundo da creatividade, especialmente aproveitando as sinerxias do campus de Pontevedra moi vinculado ao mundo da moda e das industrias culturais.