O Concello insta á Xunta a que emita informe desfavorábel sobre a prórroga de Ence

171

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra insta á Xunta de Galiza a que -no exercicio das súas competencias exclusivas en ordenación do territorio- emita informe desfavorábel sobre a solicitude de prórroga de ENCE en Lourizán, prórroga que sería incompatíbel coas directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral (POL).

A petición é un acordo da Xunta de Goberno que lle chegará a administración autonómica co fin de que “se posicione claramente” sobre a continuidade de Ence en Lourizán, que poña fin a súa ambigüidade. A viceportavoz do Goberno local, Anabel Gulías, subliña que é hora de que A Xunta diga que o complexo industrial é un lastre para o medio ambiente, social e económico para Pontevedra e a ría e de que “se poña ó lado dos veciños e veciñas de Pontevedra e deixe de defender os intereses dunha empresa”.