Concello e Diputación asinarán un protocolo de investimentos en Pontevedra a catro anos

151

A presidenta da Deputación, Carmen Silva visitou esta mañá o Concello de Pontevedra e mantivo un encontro co aldalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente da Deputación, César Mosquera para abordar as futuras colaboracións da administración provincial coa cidade de Pontevedra. De feito, o alcalde explicou que “é a primeira vez que un presidente da Deputación realiza unha visita oficial o Concello de Pontevedra, e estou encantado de que haxa un trato normalizado”.

O alcalde explicou que nesta reunión abordáronse temas de futuro da cidade polo que a pretensión do Goberno Local é asinar un protocolo de colaboración coa Deputación provincial para realizar proxectos de importante calado municipal como a mellora da rede viaria, a seguranza viaria, o saneamento, instalacións deportivas, entre outros.

Fernández Lores destacou que un dos proxectos que ten en carteira o Concello é a creación do acceso a Monte Porreiro dende os terreos de Tafisa. “A Deputación ten máis capacidade e axilidade para executar certos proxectos”, explicou o alcalde quen tamén incluíu neste protocolo os saneamentos de Mourente e do Gafos, así como a creación de campos de herba sintética e un novo pavillón municipal na zona sur da cidade -nos terreos da Parda-. No marco deste convenio tamén se abordaría a creación dun sistema de tratamento dos residuos alternativo a Sogama, pero é un dos asuntos que habería que concretar máis no protocolo.

A presidenta da Deputación, Carmen Silva destacou que esta reunión “é un plantexamento de respecto aos concellos” que é o novo sinal do Goberno provincial.

Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores: