Reunión con Marcón para perfilar o parque periurbano da Fracha

167

O Concello de Pontevedra celebrou esta tarde unha nova reunión para presentar aos comuneiros o propósito de crear un grande parque periurbano forestal na Fracha. O concelleiro delegado do rural, Demetrio Gómez reuniuse esta vez cos comuneiros de Marcón, unha das tres parroquias xunto con Canicouva e Tomeza afectadas por este proxecto.

O propósito do Concello é que as comunidades de montes se impliquen na posta en marcha deste proxecto, e que conte co maior consenso posíbel e co maior número de achegas tanto dos comuneiros como dos veciños dos lugares próximos, xa que son os principais coñecedores do monte.