Pontevedra e Barcelos, cidades irmáns no Camiño de Santiago

139

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta tarde ao presidente da Camara municipal de Barcelos, de Portugal, Miguel Jorge da Costa Gomes na Alcaldía de Pontevedra onde celebraron un pequeno acto de confraternidade, xa que Pontevedra e Barcelos son cidades irmáns dentro do Camiño Portugués. No acto tamén estivo presente o presidente da Asociación amigos do Camiño Portugués a Santiago, Celestino Lores.

No encontro, os dous alcaldes estiveron falando das súas respectivas cidades explicando os puntos fortes de cada unha delas. O modelo de cidade no caso de Pontevedra ou a aposta pola artesanía local no caso de Barcelos.  Finalmente intercambiáronse unha serie de agasallos consistentes en publicacións de cada un dos concellos. Ademais, o alcalde de Pontevedra entregoulle unha boneca de porcelana vestida co traxe galego, mentres que Miguel Jorge da Costa agasallou a Pontevedra cun galo “peregrino” de Barcelos, unha peza exclusiva para esta recepción.

A reunión rematou co compromiso do alcalde de Pontevedra de visitar Barcelos co gallo da semana da artesanía da cidade.

A comitiva da Cámara de Barcelos visita Pontevedra para participar no encontro de Hospitaleiros do Camiño Portugués que se celebra mañá na cidade.

COMPARTIR