A Illa do Cobo acolle esta fin de semana a quinta edición do Surfing the Lérez

278

A Illa do Cobo acolle esta fin de semana, o sábado, 26 de setembro, a quinta edición do Surfing the Lérez, que tivo que tivo que suspenderse na primavera debido ao mal tempo. Dende as 11.00 até as 23.00 horas, os distintos espazos da Illa acollerán concertos, actividades para cativos, espazos de alimentación, un mercadillo, exhibición de Quidtch… A concelleira de Festas, Carme da Silva e o organización do Surfing, Marcos Rivas consideraron esta actividade como “unha romería do rock and roll” aberto á toda a familia, dende nenos de cero anos até os maiores.

Ao igual que en anos anteriores, a asistencia ao Surfing será a cambio dunha doación para Redeaxuda, que nesta ocasión solicita produtos básicos así como cueiros da talla 4. Os organizadores confían en conseguir máis doazóns que o pasado ano cando se achegou ás dúas toneladas e media.

Para os máis pequenos as actividades comezarán as 11 da mañá e haberá inchábeis, twister, buxainas, chapas e bolas, gincana… e as concertos comezarán as 12.15 horas e celebraranse en dous escenarios: Estrella Galicia e Broker´s. Os horarios serán os seguintes:

            ZONA INFANTIL

            Na carpa da zona infantil os pais poden deixar ós seus fillos. Os nenos recibirán unha mochila do festival, que incluirá algo e comida e bebida. Deixar os rapaces terá un pequeno prezo, e ter que cubrir un formulario.