O Concello concede axudas culturais por valor de 27.700 euros

117

A Xunta de Goberno deu luz verde á concesión de subvencións culturais para o ano 2015 por valor de 27.700 euros. Atendéronse as peticións de dezaseis asociacións veciñais e entidades culturais do municipio que recibirán axudas que van desde os 600 aos 3.000 euros. Hai peticións para eventos concretos (como o Brumario Poético, o Memorial Antonio Odriozola ou o Día da Muiñeira) e xenéricas para a programación anual da entidade.

As entidades beneficiadas polas subvencións son as seguintes: Fundación Cuña Casasbellas (2.000 euros), Asociación Cultural Santo Cristo do Consuelo de Lérez (1.500), Asociación Duos Pontes (3.000), Asociación Cultural O Burgo (3.000), Asociación Recriativa de Xeve (3.000), Asociación Sociocultural Codefeita (900 euros), AA.VV Héroes de Pontesampaio (900), AA.VV Eduardo Pondal (1.500), Agrupación Folclórica Celme (3.000), Amigos de Campolongo (600), Casino Mercantil e Industrial (1.200), Cine Club Pontevedra (3.000), Asociación Micolóxica Brincabois (900), AA.VV Salcedo Norte (2.000), AA.VV San Bieito de Lérez (600) e Grupo de Teatro Arume (600 euros).