O Concello presenta a veciñanza un plan para reordenar o tráfico en San Brais

84

O Centro Sur acolle hoxe, ás 20.30 horas, un encontro do concelleiro delegado de Salcedo, Demetrio Gómez, coa veciñanza de San Brais para presentarlles un conxunto de propostas de reordenación do tráfico e implantación de medidas adicionais para a mellora da accesibilidade e seguranza viaria na zona.

O Concello detectou até dez conflitos no eido da circulación en San Brais que dificultan o tráfico e poñen en risco a seguridade dos condutores e peóns. Rúas cun ancho inferior a seis metros de dobre circulación, unha isleta que non resolve a reordenación do tráfico, pasos de peón nun tramo recto e diferente nivel en cada sentido circulatorio, viais de dobre sentido que se van estreitando até face imposíbel o paso de dous vehículos ou cedas o paso postos no sentido circulatorio de peor visibilidade.

Para cada unha das situación o Concello propón solucións: elevar os pasos de peón, construír unha glorieta ou reordenar a circulación convertendo en sentido único distintos viais da zona. Esta última medida tería que ir acompañada de medidas complementarias como a construción de pasos elevados (lombos).