Pontevedra, por vez primeira no Comité executivo do Fondo Galego de Cooperación

115

O Concello de Pontevedra incorpórase, por primeira vez, ao Comité executivo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o instrumento municipalista que coordina ás accións no eido da cooperación e desenvolvemento de Galiza. O FG está integrado por 85 concellos e dúas deputacións de A Coruña e Lugo.

A asemblea xeral do organismo celebrouse hoxe en Santiago para facer balance da etapa 2011-2015 que remata e renovar a executiva cuxa composición vai ligada aos resultados electorais e que guiará os pasos dun novo período 2015-2019. A renovación do Comité executivo abriu a porta ao Concello de Pontevedra, cuxa representante –a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces- asume o cargo de Tesoureira.

A concelleira pontevedresa e nova directiva do Fondo Galego de Cooperación urxiu a convocatoria dunha xuntanza “canto antes” co fin de implementar o programa –e a coordinación- de axuda as persoas refuxiadas que están ás portas de Europa. Esta reunión xa ten data: o próximo martes, 6 de outubro, na sede da Fegamp, en Santiago.