Nace Pontevedra Capital Shopping

949

Nace o proxecto Pontevedra Capital Shopping, unha iniciativa para posicionar a cidade como referente do comercio da comarca e máis alá. Pontevedra é unha grande área comercial urbana, con unha ampla e variada oferta e cunhas vantaxes competitivas asociada o seu modelo urbano por explotar.

O Concello deseña a marca Capital Shopping como un paraugas de promoción do comercio local e da propia cidade e de colaboración cun sector cuxos profesionais “viven e traballan aquí e que consumen aquí, que xera emprego e actividade” subliña a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.

Elaborar un mapa de todos os establecementos da cidade e lograr que Pontevedra sexa un destino ideal para vir a comprar, son os retos que ten por diante o proxecto Capital Shopping, que conta coa colaboración xa declarada de Aempe.

Mañá, 2 de outubro, desenvolverase a primeira actividade baixo a marca Capital Shopping. É unha pasarela de moda na rúa organizada polos comerciantes de Rosalía de Castro. Cinco establecementos participan nun evento no que desfilarán xente do común. A cita é as 20.30 horas.