Pontevedra participa dende mañá no III Congreso das Cidades que camiñan

134

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participa o venres no III Congreso de Cidades que camiñan que se celebra na cidade portuguesa de Torres Vedras.

O alcalde participará mañá na Asemblea xeral da Rede Cidades que Camiñan, da que Pontevedra é membro dende 2013, que se celebra ás 17.00 horas e a continuación participará nunha visita pola localidade para coñecer as súas políticas de mobilidade sostíbel.

O venres xa se celebrará o Congreso no que Pontevedra estará representado por Antón Prieto, membro do Gabinete da Alcaldía e coautor do Metrominuto que falará sobre “Metrominuto. Premio Intermodes 2013”. Compartirá mesa con outras experiencias de localidades como Lisboa, Porto, Torres Vedras ou Mahon baixo o título “Políticas municipais de promoción da mobilidade peonil”.