Guimaraes visita Pontevedra para coñecer o seu modelo de cidade

97

O Concello de Pontevedra recibiu onte a visita da Cámara de Guimaraes co seu presidente ao fronte, Domingos Bragança, o seu vicepresidente e varios técnicos municipais para coñecer o modelo de cidade. Nunha comparecencia pública que compartiron Domingos Bragança e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicaron que Guimaraes é candidata a ser Cidade Verde 2020, polo que xa realizaron unhas xornadas de mobilidade na súa cámara na que Pontevedra estivo representada a través do director xeral do Concello, Xosé Manuel Tato Camino.

Domingos Bragança manifestou que en 15 anos Pontevedra mudo completamente a súa fisonomía, “e para Guimaraes é un exemplo a coñecer”, xa que queren facer dos cidadáns o centro das súas políticas públicas, e de feito a candidatura da capital verde 2020 pretende imprimir máis calidade de vida aos veciños “e o máis importante é o camiño que temos que andar”.