Concello e Deputación colaboran en proxectos de saneamento e infraestruturas deportivas

85

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas institucións sobre infraestruturas viarias e dotacionais que fixa un protocolo de actuacións a desenvolver no concello.

O saneamento nas parroquias de Mourente e Bora, no treito do río Gafos que discorre polo termo municipal, infraestruturas deportivas (campos de fútbol de herba sintética ou un novo pavillón polideportivo na Parda) e melloras na rede viaria teñen cabida neste convenio. Aínda que o protocolo asinado non inclúe partidas orzamentarias, á espera da valoración dos proxectos concretos, o alcalde cifra o custe dos proxectos apuntados en arredor de dez millóns de euros.

A colaboración entre o Concello e Deputación Provincial non se esgotará con este acordo, subliñaron Miguel Fernández Lores e Carmela Silva, quen valoraron a boa disposición ao diálogo e a colaboración entre as dúas institucións.

Convenio Concello-Deputación