A cidade esperta espectativas en China

148

Pontevedra desperta interese turístico e comercial en Hong Kong e China. Delegacións de dúas cidades chinesas , Nantong e Foshan, mantiveron hoxe xuntanzas de contacto co alcalde Miguel Fernández Lores no marco do foro de Mobilidade Intelixente vencellado aos premios da Fundación Prospective e Innovación.

A estes encontros sumouse na mañá de hoxe unha terceira xuntanza co administrador da empresa pontevedresa Mar Ceibe, Guillermo Montero, chegado a Hong Kong hai un día para facer un evento de degustación de mariscos co fin de ampliar o seu negocio de exportación, co que levan dous anos e que está centrado a día de hoxe na ostra. Traen arredor dunha tonelada de ostra fresca á semana e tratan agora de introducir a vieira, a zamburiña e o mexillón, e tamén de abrir a porta á conserva.

Hong-Kong__DSC1005_webOs encontros cos representantes das cidades chinesas foron seguidos. No primeiro Miguel Fernández Lores estivo cunhadelegación encabezada polo alcalde de Nantong, Qiu Ain Jun. Os dous rexidores atoparon certas similitudes entre as urbes: teñen un ben conservado casco histórico, están situadas a beira dun río, teñen ao lado zoas de marisqueo…

O alcalde chinés amosouse interesado no urbanismo local e en achegarse a Pontevedra.

Tamén a deputada ao fronte da delegación de Foshan, Zhou Xia, amosou grande interese en Pontevedra na que viu un potencial destino turístico de calidade sobre todo despois de visionar todos xuntos o vídeo de Pontevedra presentado polo Concello na Asia World Expo. A súa é unha das cinco cidades co nivel de vida máis alto de China e os seus cidadáns procuran realidades distintas e de calidade nas súas viaxes.

Encontro con máis de 200 empresarios e inversores

A vertente empresarial da xornada continuou pola tarde con un evento con cea incluída da Asia Spain AssociationCultural Exchange de Hong Kong, que reuniu a máis de 200 persoas do mundo dos negocios e inversores hongkoneses e chinos interesados en abrir canles de comunicación e promover relacións comerciais, turísticas e intercambios culturais con Galiza e o Estado español. Ao encontro asistiron tamén os cónsules de Irlanda, Illas Fiji e Corea do Sur.

Asia Spain AssociationMiguel Fernández Lores foi acollido con gran entusiasmo polos asistentes que non pararon de facerse fotos con el en toda a velada, reclamando a súa atención e recibindo propostas, tarxetas e invitacións. O encontro tivo carácter multi sectorial xa que había empresarios do sector da hostalería e restauración, do viño, do téxtil, de loxística, da construción, da xoiería, inversores financeiros, etc.

O alcalde dirixiuse aos asistentes para expresarlles o agradecemento pola acollida e manifestarlles o súa sorpresa polo gran interese dos empresarios chineses en establecer relacións comercias e turísticas, e tamén por adquirir propiedades en Galiza.

Aproveitou a intervención para presentar a nosa cidade e convidar aos membros da Asía Spin Asociación a organizar con tempo unha misión comercial a Pontevedra, na que el estaría encantado de facer de anfitrión. Os asistentes acolleron a invitación con aplausos e unha declaración de intencións de aceptala.

Miguel Fernández Lores pechou coa cena empresarial a súa axenda oficial en Hong Kong, a onde acudiu a recoller un novo recoñecemento internacional para Pontevedra, o EU China Smart Mobility City Award á Mobilidade Intelixente.