O Pleno aproba os orzamentos municipais para 2016 co voto de calidade do alcalde

118

O Pleno municipal aprobou os orzamentos do Concello de Pontevedra para o ano 2016. Os votos do BNG, co voto de calidade do alcalde Miguel Fernández Lores, deron luz verde a un presuposto que foi rexeitado por toda a oposición: Grupo Mixto-Ciudadanos, Marea Pontevedra, PSdeG-PSOE e PP.

Os orzamentos, aprobados na fase inicial, superan os 71,9 millóns de euros o que supón un incremento do 3,5% respecto aos actuais. Os capítulos de persoal e gastos correntes, con 20,7 e 31,5 millóns de euros son as súas grandes cifras xunto coas do capítulo de investimentos, 11 millóns de euros ou o de gastos financeiros e amortización de débeda que ascende a 3,2 millóns.

Entre as actuacións previstas hai proxectos vencellados á mobilidade, á accesibilidades, novas infraestruturas deportivas, accións ligadas a cuestións medio ambientais, equipamentos socio culturais e tamén o saneamento do río Gafos, de Mourente, o acceso a Monte Porreiro e a consolidación de núcleos de centralidade nas parroquias.

COMPARTIR