Capital Shopping, obradoiros e xogos para animar a comprar no comercio local

94

Obradoiros de maquillaxe, globoflexia, música, xogos tradicionais… o comercio local chíscalle o ollo aos mais pequenos para que os maiores se acheguen, valoren e compren nos negocios da cidade, e todo baixo o paraugas da marca Pontevedra Capital Shopping. Encher as rúas de xente para animar ao consumo forma parte da súa filosofía e sempre en colaboración cos comerciantes.

Distintas áreas comerciais da cidade arrancan a campaña de Nadal cunha xornada lúdica na que ademais se estende o horario de apertura das tendas co fin de que a xente vaia elixindo e comprando os agasallos de Nadal.

O día 18 de decembro celebraranse estas xornadas especiais na rúa Rosalía de Castro – Noite de Ilusión- e nas Galerías Oliva –Soho-. As actividades lúdicas e infantís desenvolveranse en horario de 17 a 21 horas.

O día 23 de decembro haberá unha xornada de actividades infantís, con mesmo horario,  na Galería Centro Azul (a que une as rúas Joaquín Costa e Cruz Gallastegui).