O Nadal enche a cidade de actividades de lecer para nenos, mozos e maiores

311

Dende o 18 de decembro até máis alá do día de Reis. A programación de Nadal trae novidades –unha tirolina na praza do Concello, un novo itinerario da Cabalgata ou ginkanas pola cidade- e pensa en todas as idades. Nadalocio e Pontexogos centralizan as propostas de lecer as que se engaden un amplo abano de actividades lúdicas e de promoción do comercio local ademais de citas ineludibles coma a Cabalgata de Reis.

Lecer e actividade económica van da man no Nadal como amosa a estreita colaboración entre as concellerías de Festas e Promoción da Cidade con distintas asociacións representativas do comercio e a hostalería locais como Aempe e CCU Zona Monumental. Encher as rúas de xente anima ao consumo e permite visibilizar e por en valor a ampla, variada e calidade da oferta de Pontevedra.

Nadalocio abrirá de novo no Recinto Feiral da Xunqueira e un ano máis contará unha pista de xeo, ademais do parque de ocio, unha zona de ludoteca con inchables para nenos e nenas de menos menores de seis anos, un espazo de ocio infantil para nenos máis grandes, un trampolín jumpers e unha pista de kart no exterior

Estará aberto dende o 18 ao 10 de xaneiro, agás o día 5 que estará pechado. A entrada ao recinto custa un euro e estará aberto desde as 16.30 horas até as 23 horas, aínda que os horarios mudan segundo a actividades, que teñen custes distintos

Pontedexogos trae novidades a praza de España, onde estará dende o día 18 de decembro ao 4 de xaneiro. A máis destacada unha tirolina que irá dende a Alameda até o edificio da farmacia. Terá 8 metros de alto e un percorrido de 100. Está pensada para nenos, mozos e adultos.

Estará tamén a carpa de xogos e obradoiros para os máis pequenos e haberá, para os rapaces máis grandes e mozos, unha zona multiaventura e un rocódromo.

Dende aquí lanzaranse retos que levarán aos participantes a percorrer a cidade (ginkana). Coñece Pontexogos, Coñece o teu comercio, Onde atoparías? Bingo, O prezo xusto, Inocente! E Super reto serán os retos propostos.

Por outra banda a programación de Nadal inclúe a visita de Papa Noel polas rúas da cidade, cantos e danzas de Nadal, cantares de reis e xaneiras, contacontos polas parroquias e a carreira popular San Silvestre.

Pontenadal (Feira de Artesanía). Instalarase na praza do Teucro dende o 18 de decembro ao 5 de xaneiro. A carpa estará aberta de 11 a 14 horas e de 17 a 22. Promovida pola CCU Zona Monumental conta cunha ampla oferta de agasallos orixinais e artesáns. Nesta ocasión haberá 31 postos de venta.

Elíxenos a nós . Ë o lema da campaña de promoción do comercio local que promove Aempe. Os clientes dos establecementos adheridos a campaña entregarán tarxetas aos clientes con códigos para participar nun sorteo. Cada día entregaranse premios de vales de compra por valor de 150, 100 e 50 euros e o final da campaña haberá un sorteo final con tres premios de 1.000, 500 e 300 euros para gastar no comercio local. A campaña comeza hoxe e estenderase até o 15 de xaneiro.

NOVIDADES COS REIS MAGOS

Cabalgata de Reis . Este ano modificase o itinerario da Cabalgata de Reis debido ás obras de construción da nova praza diante do Hospital Provincial. Nesta ocasión a comitiva partirá da rúa Eduardo Pondal para seguir polas rúas Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España e Alameda.

Os Reis Magos chegarán á cidade pola mañá do día 5 ao Concello para saír, ás 10.45 horas, cara o Pazo de Mugartegui onde haberá a recepción oficial aos nenos e nenas que queiran achegarse a falar con eles e pedirlles os últimos agasallos.

folletotriptico10x21curvas