O Concello súmase ao Día das Artes Galegas, adicado a Castelao

78

Temos a obriga de dar a coñecer a obra de Castelao como artista, como grafista, como editor…” subliña o presidente da Real Acalemia Galega das Belas Artes (RAGBA), Manuel Quintana Martelo, quen se achegou ao Concello co fin de convidar ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, ao acto oficial do Día das Artes Galegas que este ano -o segundo de celebración da efemérides- está adicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que terá lugar no Museo de Pontevedra.

O 1 de abril ademais do acto institucional, inaugurarase no propio Museo de Pontevedra ¬– do que foi co fundador e no que se conserva arredor do 85% de toda a súa obra- a exposición “Castelao Artista”, comisariada por Miguel Fernández Cid.

Co fin de sacar a luz a abundante e polifacética obra de Castelao a RAGBA promove outras dúas exposicións: unha do “Castelao grafista” no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago e outra sobre o “Castelao editor”, que viaxará polos 90 institutos Cervantes do mundo.

Visibilizar a obra e a vixencia da arte de Castelao é obxectivo que hai detrás das exposicións e dunha conmemoración que coincide cos 100 anos da chegada de Castelao a Pontevedra, cidade na que desenvolveu a meirande parte da súa actividade artística e política.

A Real Academia Galega das Belas Artes decidiu adicar o Día das Artes Galegas 2016 a Castelao co fin de difundir a figura como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante e pintor.