Repensa, o traspaso de negocios locais a emprendedores é unha boa idea

117

Evitar que os negocios locais pechen por xubilación, traspasos falidos ou por abandono da actividade e abrir as portas aos emprendedores para que valoren o darlle continuidade a un proxecto empresarial cun camiño percorrido e potencial viabilidade e acompaña-los con información e na tramitación do posíbel traspaso. Con estes vimbios nace o Plan Repensa, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade na que colabora a Asociación de autónomos APE-Galicia.

Tres encontros informativos e un máis a modo de punto de encontro e unha guía explicarán aos interesados o Plan Repensa. As citas, na Casa da Luz, son as seguintes:

  • Día 17 de marzo. (10.00 horas). Charla dirixida a alumnado de Formación Profesional e universitarios coa formación terminada e interesados en crear un negocio como salda profesional. “Queremos poñerles en bandexa a situación dos negocios en traspaso, informarlles sobre os trámites administrativos a seguir e das liñas de axudas oficias ao emprendemento e para transmisións de negocios”, sinala a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías.
  • Día 5 de abril (18.00 horas). Charla dirixida a emprendedores, profundando no acompañamento que podemos prestarlles se asumen o reto de facerse cun negocio a piques de pechar.
  • Día 7 de abril. Charla dirixidas aos propietarios de comercios e negocios en disposición de transmitir a súa actividade a novos propietarios.
  • Día 14 de abril. Xornada de posta en común dos novos titulados, emprendedores e pequenos empresarios na recta final da súa vida profesional ou interesados en deixar a actividade.

    “Queremos amosar que o emprendemento non é tan doado como algúns queren facernos crer nin tan difícil que sexa imposible” subliña Anabel Gulías. O seu carón o presidente de APE-Galicia, José Ramón Caldas, quen anuncia que dende a súa asociación farase un traballo “porta a porta” para informar os autónomos, comerciantes e pequenos empresarios máis veteranos da posibilidade de traspasar o negocio.