Quedan 100 días para o Campionato Europeo de Piragüismo Maratón

35

Quedan cen dias para o Campionato Europeo de Piragüismo Maratón Pontevedra 2016 (European Canoe Marathon Championships – Pontevedra 2016) que se desenvolverá no río Lérez dende o 26 de xuño até o 3 de xullo. A partir de hoxe toda a información sobre o evento poderase seguir na red: pontevedra2016.org  @pontevedra2016 e facebook /pontevedra2016

Deportistas de 23 países mediranse nas augas do Lérez,  mais de 300 na categoría máster e arredor de 400 en elite.

Os días 28 e 29 de xuño será o Campionato de Europa Máster de Piragüismo Maratón, e os días 30 de xuño até o 3 de xullo será o Campionato de Elite nas modalidades xuvenís, sub-23 e Sénior. Nestas competicións poderán participar dous deportistas por país (2 masculinos e 2 femininos) nas modalidades de kayak e canoa.

A organización ultima os preparativos dunha cita que volverá a converter a Pontevedra no escenario dun evento deportivo internacional e nun epicentro informativo. O Comité de Honor, Organizador e Executivo está integrado polo Concello de Pontevedra xunto coas federacións Española e Galega de Piragüismo, Deputación Provincial de Pontevedra e Xunta de Galicia.

Xa está en marcha a campaña informativa, os seus cubos e trípticos viaxaron ao Campionato de España de Piragüismo de Sevilla e estarán tamén en Banyoles (Girona) o 14 e 15 de maio, para o Campionato de España de Piragüismo Maratón. Ademais nesta proba farase o selectivo para o Campionato de Europa.

O 9 de maio, a 50 días do inicio do Europeo Pontevedra 2106, izaranse as bandeiras do campionato na ponte dos Tirantes e na praza do Concello. A concelleira de Deportes ,Anxos Riveirom recollera no pasado mes de xullo a bandeira oficial en Bohinj (Eslovenia) de mans da European Canoa Association.

O Concello subliña a importancia do evento tanto polo que ten de visibilización da fortaleza dun deporte -o piragüismo- de grande arraigo e éxitos na cidade do Lerez e polo que ten de inxección para a economía local. Neste senso dende a Concellería de Deportes mantivéronse reunións cos clubs de piragüismo de Pontevedra para pedirlles colaboración: que formen parte do voluntariado da proba (dende os máis cativos até os pais), ou que elaboren o axuden a elaborar unha programación de actos paralelos á proba que sirva para que as persoas coñezan o deporte do piragüismo.