O IMD inicia o proceso para renovación 
de tres vogais da Xunta reitora

56

A Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes acordou esta mañá convocar o proceso para a renovación de tres vogais representantes do mundo do deporte na Xunta Reitora do Instituto e aprobou o calendario electoral conforme ao que se realizará este proceso. Nesta mesma sesión constituíuse a Xunta electoral encargada da organización, supervisión e control inmediato do proceso electoral.

O vindeiro luns, 18  de abril farase pública a listaxe de entidades con dereito a formar parte do censo electoral, no taboleiro de anuncios do Concello e no blog do IMD (http://imdpontevedra.blogspot.com.es/), e abrirase un prazo de 15 días naturais para que aquelas entidades que non estean incluídas nesta listaxe e consideren que reúnen os requisitos para formar parte do censo electoral presenten o modelo de solicitude que está disposición no Instituto Municipal de Deportes xunto coa correspondente documentación xustificativa dos seguintes requisitos:

    • Ter o seu domicilio social no municipio de Pontevedra.
    • Ter deporte de base.
    • Estar legalmente constituídos, tendo que estar inscrito no rexistro galego de entidades deportivas da Xunta de Galicia.
    • Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
COMPARTIR