Lores e Caballero inician o camiño conxunto Pontevedra-Vigo

38

“O inicio dunha relación absolutamente normalizada”, “o principio dun diálogo permanente entre dous cidades que teñen que ter unha andadura común”. Así falaban Miguel Fernández Lores e Abel Caballero da primeira visita institucional que fixo o alcalde de Vigo ao Concello de Pontevedra e que levantou moitas expectativas. Os dous destacaron as numerosas e importantes sinerxías que hai e ten que haber entre as dúas cidades cuxa implementación será boa para elas e por riba de todo beneficiosas para os cidadáns.

Normalidade, fluidez, colaboración, interrelación, camiños conxuntos… foron os temos máis utilizados por os dous alcaldes que quixeron deixar unha mensaxe clara de respecto e colaboración institucional e de aposta polos veciños e veciñas de dous cidades que están destinadas a entenderse e complementarse e que teñen intereses compartidos.

Un contido que tamén quedou reflectido na dedicatoria deixada polo alcalde da cidade olívica no libro de honra do Concello: “Na miña primeira visita como alcalde de Vigo á cidade de Pontevedra e ao seu alcalde Lores co desexo de camiño conxunto na búsqueda do progreso”.

Os alcaldes de Pontevedra e Vigo falaron de preocupacións e aspiracións comúns como por exemplo en relación a mellora da conectividade. Lores e Caballero comparten demandas como a supresión da peaxe da autoestrada AP-9 e a conexión das días cidades por un sistema ferroviario de cercanías.

Tamén apuntaron camiños que poden debater e andar xuntos as cidades de Pontevedra e Vigo no eido da promoción turística, financiación de concellos, calidade urbana, mobilidade, universidade ou mesmo de celebración de eventos.

Neste senso, o alcalde Miguel Fernández Lores anuncio un próximo evento deportivo cuxa organización vencellerá as dúas cidades: o Campionato Mundial de Balonmán Júnior que se celebrará en agosto do 2019. Seis seleccións terán a base en Pontevedra e outras tantas en Vigo.

Un ano antes haberá outro gran evento deste deporte: o Campionato de España de Comunidades Autónomas no que participarán arredor de 2.400 deportistas das categorías infantil, xuvenil e cadete.

Ä visita oficial de Abel Caballero ao Concello de Pontevedra será correspondida cunha visita institucional de Miguel Fernández Lores ao Concello de Vigo.