Badajoz, Louvain, Burgos, Granada e Narón, novas citas do modelo de cidade

59

O Concello de Pontevedra ten unha axenda cargada de citas estatais e internacionais nas vindeiras semanas para dar a coñecer o seu modelo de cidade. O concelleiro responsábel da área urbana, Luís Bará explicou que nas últimas semanas multiplicáronse as chamadas para participar en congresos, seminarios e actos públicos aos que o Concello tivo que empezar a declinar como un encontro en Taiwan.

Os que están en carteira para finais deste mes son:

    • 25 de maio: Participación no VI Encuentros de ciudades para la Seguridad Vial y la Mobilidad Sostenible da Dirección Xeral de Tráfico que se desenvolverá na cidade de Badajoz. O Concello estará representado pola tenente de alcalde, Carme da Silva que participará nunha mesa redonda baixo o título “Cara a un novo modelo de cidade”.
    • 25 de maio: Participación na NightShop “As utopías urbanas” organizada pola Universidade de Louvain. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores participará xunto a Marc Fleurbaey, economista, profesor da Universidade de Princeton e experto en desigualdade; Georgios Maillis, arquitecto principal da ciudade de Charleroi, e Philippe Van Parijs, profesor de la Universidade de Louvain e de Oxford. A Universidade de Louvain celebra cun grande número de actos vinculados á utopía coincidindo co 500 aniversario da publicación do libro Utopía, de Tomás Moro (1516). Logo de coñecer a experiencia urbana de Pontevedra nun documental da Televisión francesa, a Universidade belga quere coñecer a experiencia de primeira man.
    • 26 de maio: O intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle participa nunha Encontro de mobilidade peonil e bicicletas que organiza en Burgos, promovido pola Asociación Andando de Burgos e Madrid a pie. Abordará o modelo de mobilidade de Pontevedra especialmente a recuperación de espazos públicos para as persoas e as técnicas de deseño de técnicas de mobilidade para deixar os tráficos de paso en tráficos de necesidade.
    • 28 e 29 de maio. I congreso galego de seguridade e educación vial “Cidade de Narón”. Participará o responsábel do equipo de seguridade e educación viaria da Policía Local, Antonio Duarte.
    • 2 de xuño: Participación na reunión das Cidades amigas da Infancia que promove o pedagogo Francesco Tonucci en Granada. Asistirá o concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente da Deputación, César Mosquera. Tan asistirán varias cidades galegas. VI Encuentro Apfrato (Asociación pedagógica Francesco Tonucci)

Pontevedra participou nestes últimos meses en distintos foros estatais e internacionais en Zaragoza, Torres Vedras, Valladolid… “cidades que miran a Pontevedra neste eido”, explicou Luís Barán quen apuntou que día a día increméntanse o número de publicacións sobre Pontevedra que implican un impacto moi importante na proxección da cidade.