Lérez fai balance dos proxectos de mellora en marcha na parroquia

61

A parroquia de Lérez celebrou nestes días o seu Consello parroquial no que se fixo balance las obras en curso, das que están proxectadas para este ano 2016, e outras obras futuras que se acometerán na parroquia.

A concelleira delegada da parroquia, Pilar Comesaña explicou as obras que están en curso que son:

    • Rúa da Gándara: Está a piques de rematar o arranxo integral da rúa da Gándara até a ponte peonil. As obras consisten no asfaltado e calmado de tráfico de toda a rúa, así como o acondicionamento dun pequeno camiño de servizo a unhas vivendas no lugar. O orzamento aproximado é de 250.000 euros.
    • Pista en A Piolla: A obra está tamén a piques de rematar. A pista comunica os barrios de A Piolla e Casalnovo. Os traballos consisten no asfaltado e ensanche da vía. Aproveitando as obras dun muro particular, aproveitouse para anchear a pista baixo o colexio. Presupuesto 177.651,15 euros.
    • Arranxo lavadoiro de Couso: Rehabilitación do lavadoiro de Couso e retirada dunha caseta abandonada.
    • Avenida Médico Ballina. Esta semana comenzaron os traballos de mellora da avenida de Médico Ballina.  A actuación ten un custe de 59.065 euros,  consiste na construción dun paso de peóns á altura da plataforma do túnel do AVE, (onde se ten previsto a construcción dun parque infantil) para garantir a seguranza dos peóns. Ademais, mellorarase toda a accesibilidade ao ampliar a beirarrúa dereita (de saída da cidade) e eliminar o estacionamento en liña nese lado, e crealo noutro sentido da circulación. Coa creación de novas prazas de estacionamento na outra marxe tamén se pon fin a posibilidade de que os vehículos dean a volta subíndose á beirarrúa.
    • Limpeza e bacheado pista Ramallás-Casaldourado: Limpeza do camiño e muros da pista que comunica os barrios de O Ramallás e Casaldourado, así como do campo da área recreativa de Casaldourado. O traballo inclúe o bacheado das zonas onde sexa necesario.

Ademais, o Concello está a realizar arranxos menores, traballos de calmado de tráfico e atendendo ás peticións veciñais noutros puntos de Lérez, dentro do diálogo permanente que caracteriza a estes consellos.