Máis de 1.600 prazas para as ludotecas do verán para nenos de 3 a 12 anos

78

A Concellaría de Educación volve colaborar coa Federación de Asociacións de Pais e Nais de Pontevedra na organización e promoción das ludotecas do verán para nenos entre 3 e 12 anos, Ludoverán 2016, nos meses de xullo e agosto.

Nesta ocasión ofrécense 1.690 prazas e todas as persoas interesadas deberán presentar as solicitudes

    • Local da FANPA (Rúa Xan Guillermo) do 6 ao 10 de xuño de 09.00 a 14.00 horas
    • Por correo electrónico ludotecas@nontedurmas.org, do 6 ao 10 de xuño de 09.00 a 14.00 horas.

As ludotecas estarán divididas en catro quendas quincenais nas urbanas, e en dúas quendas mensuais nas rurais. Ademais, como novidade, ofértase unha ludoteca deportiva, que se fará ao aire libre sempre que o tempo o permita.

As urbanas serán en Campolongo, Manuel Vidal Portela (inglés), Marcos da Portela, Barcelos e Crespo Rivas (só infantil), e Xunqueira I (deportiva)

As rurais serán en Cabanas, Ponte Sampaio, Vilaverde, Parada-Campañó, A Carballeira e Xeve.

Os horarios serán de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, e ampliado de 08.30 a 14.30 horas para as persoas que o precisen.

Ofrécense servizos complementarios como madruga e comedor.

Para máis información:

www.nontedurmas.org

Ludoverán 2016 A