19.100 euros en subvencións para accións no eido dos servizos sociais e igualdade

57

A Comisión de avaliación aprobou a concesión de subvencións destinadas a desenvolver accións no eido dos servizos sociais e igualdades durante 2016 por valor de 19.100 euros.
Os cartos distribuíronse entre 12 entidades -máximo de 2.000 euros- que traballan en diferentes proxectos dos que se benefician centos de veciñas e veciños de Pontevedra. Son as seguintes:

Cáritas. Suministros a familias con baixos recursos económicos.
Amencer-Aspace. Visibilización e sensibilización sobre a parálise cerebral.
Arela. Educación integral para mozos e mozas adolescentes en situación de conflito social.
Bata. Actividades de apoio e inclusión de persoas autistas e divulgación da súa problemática.
Afapo. Intervención integral a través do desenvolvemento persoal e artístico de persoas con alzheimer.
Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra. Intérprete de linguaxe de signos para servizos na cidade e na provincia.
A.E.C.C. Programa de rehabilitación psicosocial do doente larinxectomizado.
Boa Vida. Publicación informativa sobre os dereitos sociais.
Rexurdir Provincial. Curso básico de motoserrista (proxecto prelaboral)
Xuntos. Proxecto de atención temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos.
Fundación Amigos de Galicia. Ponte en igualdade 2016.
Meniños. Convivimos, proxecto on line entre oito colexios.

Estas subvencións, subliña a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Fouces, son un apoio ao activo movemento asociativo de Pontevedra que traballa no eido dos servizos sociais e que colabora estreitamente co Concello. Son as súas actuacións que tecen lazos solidarios e artellan sociedade, que constrúen cidade.