Comeza a integración da fachada do Hospital Provincial na nova praza

84

O Concello de Pontevedra comezou esta mañá as obras de integración da fachada do Hospital Provincial na nova praza creada na rúa Benito Corbal. A empresa adxudicataria da obra é Covsa que executará este proxecto por 59.402,76 euros.

O proxecto consiste en desmontar parte do muro de peche do Hospital para construír un banco corrido nunha parte, ou rebaixalo até a altura do parterre nas zonas máis próximas á rúa Cobián Areal. Polo tanto, está previsto a desmontaxe das rexas de peche, do muro de mampostería, das columnas, así como a limpeza da pedra.

Tamén se actuará nas rampas de acceso á entrada principal do Hospital substituíndo o actual firme por formigón barrido.

Ademais, adecentarase a escalinata de entrada ao centro hospitalario substituíndo a lousa actual por pedra.

Posteriormente farase unha intervención sinxela de xardinería coa poda das árbores e sebes, e a posta en valor do espazo no que está a imaxe de Asorey.

O obxectivo da obra é dar continuidade á praza do Hospital, un dos puntos máis concurridos do barrio, coa zona verde do centro sanitario integrando todo o espazo e embelecendo a entrada dun dos edificios máis emblemáticos da cidade.