Ábrese o prazo para presentar candidaturas aos Cidade de Pontevedra

66

O luns 5 de decembro ábrese o prazo para presentación das candidaturas ao premios Cidade de Pontevedra que recoñecen a labor desenvolvida por unha persoa física e unha entidade, asociación o colectivo (persoa xurídica) vencellada ao concello e que contribúa a engrandecelo. O prazo rematará o xoves 5 de xaneiro.

Calquera asociación, institucion ou colectivo do municipio poderá facer unha proposta que terá que ser presentada no Rexistro xeral do Concello de Pontevedra, sinalándose todos os datos e méritos do candidatos e unha memoria xustificativa que saliente a súa traxectoria.

Os premios que levan o nome da cidade se entregarán nunha sesión de honra do Pleno municipal o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrono da Pontevedra.

bases-cidade-pontevedra