Pontevedra gaña proxección internacional, en Asia

123

Recoller un novo premio ao modelo urbano – o Soft mobility: Pedestrianisation and Cycling mobility” – e participar como poñente nunha conferencia en Pekín son os obxectivos que levarán ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores a China nos próximos días Irá acompañado pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulñias e intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle.

“Pontevedra está no punto de mira da xente que está a debater sobre mobilidade alternativa, cambio climático, cidades amables, desenvolvemento sostible” subliñou o alcalde Miguel Fernández Lores ao facer pública a viaxe.

Pontevedra recibe un novo premio da Euro-China Green and Smart Transportation Summit que organiza en Shenzhen (China) a Prospective and Innovation Foundation, con sede en París, que o pasado ano outorgounos o premio Euro-China Green and Smart City en Hong Kong. Nesta

Nesta ocasión o premio é na categoría Soft mobility: Pedestrianisation and Cycling mobility, baixo o título “Coa túa propia enerxía”, en base a un dossier que foi solicitado pola organización do evento tomando como referencia a participación do pasado ano en HK.

Ademais Pontevedra participa nunha exposición do noso modelo urbano, en conxunto con outras seis cidades europeas: Budapest (Hungría), San Lucido (Calabria, Italia), Ternopil (Ukraina), Funchal (Madeira), Montpellier (Francia) e Friburgo (Alemaña). Será o sábado, 10 de decembro.

Dous días despois, o luns 12 de decembro, o alcalde Miguel Fernández Lores dará unha conferencia en Pekín, nun acto que organiza a entidade CFLD, un operador urbano que actualmente está desenvolvendo máis de 30 cidades en China e no exterior cun modelo de cooperación público-privado-asociación

O investigador do Instituto Urbano da CFLD, Fifei Xu, dirixírase ao Concello de Pontevedra o pasado mes de setembro para convidarnos a unha conferencia en Pekín, nestes termos: “O principal traballo do noso instituto urbano é estudar a estratexia de desenvolvemento de distintos tipos de cidades. Sabemos que a súa cidade, Pontevedra, é a primeira cidade no mundo que puxo en práctica con éxito a diminución dos vehículos a motor no centro da cidade. Agardamos poder compartir a súa experiencia connosco”.

“Tamén estamos a traballar coa Academia Central de Belas Artes de China para a planificación urbana do centro da cidade de Pekín. Este distrito será o novo centro administrativo de China, e aquí tamén queremos poñer en práctica a súa experiencia en xestión do transporte”, engadía o convite.