Bo funcionamento do operativo de tráfico de Nadal

24

O operativo de tráfico do Nadal que estivo en marcha do 21 de decembro ao 8 de xaneiro “funcionou extraordinariamente ben”, explicou a concelleira responsábel de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, que explicou que só foi preciso facer un desvío puntual (na rotonda da ponte dos Tirantes con Padre Gaite), e un control permanente na rúa Uxío Novoneira.

Polos cinco aforadores dos que dispón o Concello instalados na Avenida de Marín, Domingo Fontán, Xosé Malvar, Uxío Novoneira e San Roque (este funcionou parcialmente xa que se estropeou á metade da campaña) rexistrouse unha entrada duns 500.000 vehículos nestes días.

Tamén destacou o bo funcionamento da praza de Barcelos. De feito, resultou determinante para que o operativo tivese este resultado. Antes había 150 prazas de estacionamento na praza e supoñía un colapso permanente da praza o que obrigaba a cortes puntuais ao longo de todas as xornadas de Nadal. Ao eliminar ese tráfico de éxtasis, non se produciron aquelas grandes retencións.

A concelleira de Protección Cidadá destacou o bo traballo da Policía Local, como un bo comportamento social.