Comezan os estudos para rebaixar a taxa do lixo aos pontevedreses

39

O Concello de Pontevedra comezou os trámites para realizar os estudos económicos necesarios para axustar á baixa as tarifas do servizo de recollida do lixo. As estimacións municipais entenden que a posta en marcha dos composteiros para o tratamento do lixo orgánico e da nova planta de compost na Canicouva suporá una reducción da fracción orgánica do lixo e, consecuentemente, poderá indicir na redución da taxa.

Nestes momentos o Concello cobra arredor de 131 euros de recollida de lixo no ámbito urbano e uns 72 euros na recollida do rural. A redución poderá ser de entre 10 e 30 euros na facturación anual.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González explicou que o axuste non se produciría até que estivese todo o servizo implementado e irá en función das zonas que máis e mellor reciclen. É dicir, a baixa non ten por ser igual en todos os barrios. A rebaixa será en función dos resultados, xa que o obxectivo é premiar a reciclaxe.

Nestes momentos os servizos económicos comezan a estudar as posibles reduccións da taxa, na que entran outros elementos engadidos como o futuro contrato do servizo do lixo, que se verá tamén reducido ao cambiar totalmente o sistema de recollida, traslados e tratamento do lixo.