Axudas do Plan renove de fiestras para o ano 2017

1623

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS RELATIVA AO PLAN RENOVE DE FIESTRAS, ASÍ COMO A SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA SÚA XESTIÓN (códigos de procedemento IN412A-IN412B) Orde do 27/01/2017, que regula o Plan Renove de fiestras (DOG núm. 21 do martes 31/01/2017)

Rematou o prazo para solicitar esta subvención.

 ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
– A renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras, de igual ou inferior tamaño, que cumpran as especificacións establecidas nesta Orde.
– Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), así como a renovación de portas que separen estadías calefactadas do exterior e que teñan marco por todo o perímetro, sempre que cumpran as especificacións técnicas previstas.

GASTOS SUBVENCIONABLES
Son gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
Non son subvencionables:
-Os gastos e custos financieiros que sexan consecuencia do investimento.
-Os gastos realizados en bens usados.

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios as persoas físicas propietarios ou titulares de calquera dereito sobre vivendas de uso residencial e as comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actividade se realice en Galicia.
Estas axudas son complatibes con outras axudas para a mesma finalidade, sen que en ningún caso o custo dos gastos subvencionables poida ser superior ao valor do mercado.

CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso ou edificios de vivendas. Para o caso de comunidades de propietarios, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

SOLICITUDES. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As entidades colaboradoras do Plan renove de fiestras, son as encargadas de tramitar o procedemento (facer a reserva de fondos e presentar a solicitude, así como presentar a documentación xustificativa da actuación).
1. Lugar:
– O comprador dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá unha cartintería que cumpra os requisitos mínimos exixidos nas bases. Na páxina web estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras do Plan Renove de fiestras (https://www.xunta.gal).

2. Prazo:
As empresas colaboradoras teñen o prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día 1 de febreiro de 2017 incluído pra solicitar a súa adhesión (código IN412A).
– As empresas colaboradoras poderán presentar as solicitudes de axuda a partir do 1 de marzo e ata o 29 de setembro de 2017, ou ata que se esgote o crédito.

XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN
Nos 150 días hábiles desde o día seguinte á data da concesión da axuda a través da aplicación informática, e nunca máis alá do 29 de setembro de 2017, a entidade colaboradora ten que realizar a obra e presentar a documentación xustificativa da actuación.

Máis información na páxina web oficial da consellería: Http://economiaeindustria.xunta.gal, teléfonos: 981 545573, 881 999320 e 981 545474, enderezo electrónico : ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal ou presencialmente.

COMPARTIR