Os premios Fetén estarán representados no Salón do Libro

9
  • ‘Perro Perdido’, ‘Óscar, el niño dormido’ e ‘Lunáticus Circus’ contarán con pases concertados con escolares en horario matinal e de tarde para público familiar ás 18:30h.
  • As entradas estarán á venda unha hora antes na billeteira a un prezo de 3€.

A poucos días de que a organización do Salón do Libro presente o seu programa, avanza algunha pista sobre os espectáculos dos que os/as máis pequenos poderán gozar entre o 10 de marzo e o 2 de abril, entre eles, 3 Premios Fetén. O denominador común será a temática que, dun xeito ou outro, trata aspectos que recolle o lema ‘O mundo que queremos’.

As entradas para todos eles, que contarán co seu correspondente pase concertado con escolares en horario matinal, poderán adquirirse para o seu pase familiar 1h antes do inicio na billeteira do auditorio ao prezo de 3€.

‘Perro perdido’ (Lost Dog) de Cal y Canto terá lugar no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura o mércores 15 de marzo ás 18:30 horas. Galardoado hai apenas uns días co PREMIO FETÉN 2017 ao mellor espectáculo en espazo non convencional fala do maltrato animal, o problema do abandono e a importancia do respecto aos animais.

Construída cos materiais que abundan en calquera  suburbio, a chabola de Lost Dog  permite ao público introducirse nun ambiente rueiro. Un espectáculo de monicreques e obxectos onde os pés e zapatos dos actores operan como os suxestivos condutores dunha emocionante historia. Unha perspectiva sorprendente para o público: o mundo visto cos ollos dun can.

Aforo reducido. Recomendado a partir de 8 anos. Duración 45 minutos.

Óscar, el niño dormido’ de El espejo negro foi recoñecida no 2016 co PREMIO FETÉN ao mellor espectáculo de gran formato. A saúde, a familia, a amizade, etc son os temas que tocará este espectáculo que terá lugar o domingo 19 de marzo ás 18:30 horas no Auditorio do Pazo.

Recomendada a partir de 7 anos. Duración 60 minutos.

Esta é a historia de Óscar, un neno que quedo mergullado nun longo e profundo soño durmido. Un durmir comatoso que o levou a estar ensoñando nove meses, con todos os seus días e noites, semanas e meses, minutos e horas sen poder moverse.

Un coma de boas noites nos que os seus pais dedicaron todo o seu tempo a lembrarlle os contos que lle lían aos pés da súa cama desde moi pequeno, antes de apagar a luz e recibir o bico do soño.

A súa irmá menor non entendía se aquilo do coma era como as sestas de verán despois de comer sandía, ou xogar á gallinita cega e por iso non se movía… 

Pero unha voz ao oído de Óscar dicíalle que tiña que espertar e volver correr e a xogar coa súa irmá Lucía. E deixarse de contos chineses, e ir ao colexio cos seus compañeiros e amigos, e xogar ao baloncesto como facía de luns a venres todas as tardes mesmo no inverno.

Tras nove meses de soño, unha mañá fría de inverno, algo extraordinario sucedeu? e Óscar primeiro abriu un ollo, e logo os dous, bostezó e espertou?

Pero Óscar non lembraba como falar nin escribir e tampouco como andar?

‘Lunáticus Circus’ de Teatro Paraíso, gañadora do Premio Fetén 2016 á Mellor Escenografía chegará ao Auditorio do Pazo o venres 31 de marzo ás 18:30 horas. Este espectáculo de teatro de 60 minutos de duración, trata sobre temas como a ambición, a cobiza, a miseria, etc. e está recomendado a partir de 6 anos.

Fai algún tempo os Ogros inventaron unha terrible mentira para que as súas montañas de ouro seguiran medrando: prometeron descolgar a lúa para despois véndela en porcións á xente.

Todos lles creeron e non dudaron en vender as súas casas, todas as súas pertenzas… ata a comida para conseguir a súa porción de Lúa. Agora todo o mundo ten fame, moita fame e débedas, moitas débedas… A pobreza é absoluta, todo se perdeu, e a riqueza quedou en mans duns poucos que se comportan como auténticos Ogros mentras seguen acumulando cartos. Por eso xa casi non queda comida para o resto dos mortais e a xente vaga polos camiños desorientados e famentos. Son os tempos da Gran Escasez.

Tres perdedores, valientes e atrevidos xúntanse para crear o LUNATICUS CIRCUS e contarnos en voz alta o que todo o mundo pensa e se calan.