O Concello de Cieza, Murcia, consulta o modelo de cidade de Pontevedra para implantar a velocidade 30km/h

30
    • Os equipos técnicos municipais remitiron a normativa municipal e recomendacións de traballo ao equipo encargado de implantar a Cidade 30 en Cieza.

Os equipos técnicos do Concello de Pontevedra mantiveron nas pasadas semanas contactos con responsables políticos e técnicos do Concello de Cieza, en Murcia, polo interese do municipio murciano en implantar a velocidade 30km/h en todo o ámbito da cidade. Cieza é a capital da comarca Vega Alta del Segura e ten unha poboación de máis de 35.000 habitantes no casco urbano.

Segundo explica o concelleiro José Luís Vergara, concelleiro propoñente do Grupo Político Municipal Ciudadanos Centristas Ciezanos na súa misiva ao Concello “en el ayuntamento de Cieza se ha constituido un grupo de trabajo para evaluar la conveniencia de implantar la limitación general del tráfico rodado a 30km/h. La formamos la concejal de Tráfico, el jefe de la sección de Tráfico de la Policía Local, el arquitecto de Obras, Vivienda e Infraestructuras y yo como concejal proponente (portavoz del grupo mixto)”.

No pleno de 2016, o pleno de Cieza aprobou por unanimidade solicitar informes de tráfico, obras e servizos co propósito de limitar a velocidade no centro urbano a 30km/h, e no caso de ser favorables “se proceda a acometer las actuaciones necesarias para llevar a cabo su implantación” o antes posible.

José Luís Vergara explica que “mi trabajo al Pleno se sustentó en la implantación en Pontevedra de dicha limitación generalista, las recomendaciones dimanadas de los Foros de Ciudades de Gijón y Córdoba y las propias de la DGT al reglamento (luego NO trasladadas en un posterior Reglamento de Circulación)”.

As preguntas encamiñadas aos técnicos municipais eran saber como se pode implantar a limitación 30km/h “sen encher a cidade de sinais” e coñecer toda a normativa municipal que permitiu dita implantación.