Un centro lúdico ao aire libre con xogos infantís, de mesa e para maiores na praza dos Pracees

170

Un “centro lúdico” ao aire libre con vocación de converterse nun exemplo para outras zonas do concello e outras parroquias galegas. Neste termos presentou hoxe o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez, a próxima actuación municipal na praza dos Praceres, en Lourizán.

A reforma da praza fará que haxa un novo espazo de xogo infantil, un espazo (no actual parque de nenos) adicado a xogos de mesa e unha zona para maiores con xogos de chave e petanca, ao carón da área polideportiva.

O novo parque infantil estará na zona arborada da praza con novos xogos “para que os nenos e nenas teñan no só unha zona segura se non que ademais dos xogos podan xogar con elementos da natureza”, segundo explicou o concelleiro Demetrio Gómez. Instalarase un novo peche e entre as novidades haberá unha instalación que se integrará na contorna natural e que servirá para que os nenos e nenas gabeen por ela.

No actual parque infantil instalarán xogos de mesa (parchís, oca, xadrez ou cartas).

O terceiro espazo lúdico está pensado para os máis maiores e conta cunha área reservada a xogos tradicionais como a chave ou a petanca.

Esta nova actuación municipal suporá un investimento de 98.000 euros. Segundo as previsións de Demetrio Gómez o futuro centro lúdico poderá estar en uso para o verán.