O ciclo Summum sube oa escenario do Pazo da Cultura a Héctor Alterio, Gabino Diego, Javier Veiga, Carlos Sobera, Marta Hazas,Teté Delgado e Quique Peón

8
  • A danza, da man de Quique Peón Cía e ‘Xacarandaina’ abrirán a progamación o 29 de abril , Día da danza, co musical ‘O poder do Arcabuz’
  • ‘5 y acción!’, ‘El intercambio’ e ‘El padre’ completan a 4º edición do ciclo Summum
  • Entradas xa a venda em Ataquilla.com para o teatro e en Ticketea para o musical

A concelleira de Cultura Anxos Riveiro, presentou esta mañá a 4ª edición do ciclo Summum que botará a andar o 29 de abril ás 21h co espectáculo musical ‘O poder do Arcabúz’ de Quique Peón Cía. e o grupo de música e baile tradicional “Xacarandaina”. Tal e como comentou a concelleira, “a nosa intención é incluir no ciclo algo máis que o teatro, que programamos a través do programa Platea do INAEM. Quixemos contar con Quique Peón neste día , xa que se conmemora o Día da danza”. É unha compañía que leva traballando moitos anos no noso país e se gañou o respecto do público”. ‘O Poder do Arcabuz’ fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

O resto do programa está conformado por 3 espectáculos teatrais  que contan nos seus elencos con actores e actrices coma Héctor Alterio, Javier Veiga, Carlos Sobera, Gabino Diego, Teté Delgado, etc.:

O primeiro deles, o domingo 6 de maio é ‘5 y acción!’ ás 20h. . Unha comedia de enredo protagonizada por Marta Hazas, Javier Veiga e Carlos Sobera na que todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén.

‘El intercambio’ con Gabino Diego e Teté Delgado, chegará ao Pazo da Cultura o sabado 27 de maio ás 21h. Comedia rotunda, chea de gags visuais e verbais na que todos os personaxes exhiben unha extraordinaria singularidade, que ao mesturarse, provoca un coctel explosivo.

Pecha o ciclo o sábado 3 de xuño o grandísimo Héctor Aterio no papel de ‘El padre’. Calificada polo seu autor, Florian Zeller, como unha farsa tráxica, ‘El Padre’ trata sobre a perda da realidade na vellez.Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría da veces a un inquietante “thriller” ao estilo Hitchcock. Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar.

A venda dos 3 espectácuos teatrais terá lugar a través de Ataquilla.com a 20€ + gastos mentres que a de ‘O poder do Arcabuz’ será a través de Ticketea a partir de 14 + gastos.

Quique Peón Cía – musical ‘O Poder do Arcabuz’ – 29 de abril ás 21h.

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños  e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns…), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral). 

Entradas xa á venda a partir de 14€+ gastos en Ticketea.

‘5 y acción!’ con Marta Hazas, Javier Veiga e Carlos Sobera – 7 de maio ás 20h.

A nova e inocente presentadora do tempo dun telexornal de máxima audiencia, tamén é “casualmente” a amante do presidente da canle de televisión.

Marisol (Marta Hazas), soña con converterse en actriz. E Adolfo (Carlos Sobera) decide cumprir o soño da súa “moza”. Para iso contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cinema (Javier Veiga). Adolfo está disposto a producir unha longametraxe con Marisol como protagonista. Aínda que non está claro se quere que ela triunfe, ou que a película sexa un fracaso estrepitoso, para que Marisol, desencantada, volva aos seus brazos para seguir sendo  “su chica do tempo” e o seu “pasatempo”. Max tentará salvar a súa película. Marisol tentará salvar o seu soño. Antonia tentará salvar o seu traballo. A muller de Adolfo, Pilar, tentará salvar o seu matrimonio. E Adolfo tentará salvar o seu cu.
Todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén. Pero mentres tanto, empézase a rodar a película: ‘5 e Acción?!!!’.

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€+ gastos e na billeteira dúas horas antes do espectáculo no caso de non esgotarse.

‘El intercambio’ con Gabino Diego e Teté Delgado – 27 de maio ás 21h.

Eva (Teté Delgado) decidiu obsequiar ao seu esposo, Jaime (Gabino Diego), cun intercambio de parellas para celebrar os seus vinte anos de matrimonio, e de paso, osixenar un pouco a relación. O que, a priori, contémplase como unha velada excitante e divertida, converterase nun auténtico pesadelo.

Comedia rotunda, chea de gags visuais e verbais na que todos os personaxes exhiben unha extraordinaria singularidade, que ao mesturarse, provoca un coctel explosivo. Unha peza sinxela que non simple: Non ocorre nada, a priori, transcendental. É a sucesión de situacións, que desde un punto de vista estatístico, son altamente improbables, pero non imposibles, o que provoca atracción, sorpresa e hilaridad no espectador, pero nunca esperta escepticismo ante o inverosímil.

‘El intercambio’ conecta co público a través da empatía/compaixón que transmite a engorrosa conxuntura pola que transita o protagonista (sen merecelo) durante toda a función.

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€ + gastos. No caso de non esgotarse, estarán a venda tamén dúas horas antes do inicio do espectáculo na billeteira do Auditorio.

‘El padre’ con Héctor Alterio – 3 de xuño ás 21h.

Calificada polo seu autor, Florian Zeller, como unha farsa tráxica, El Padre trata sobre a perda da realidade na vellez. Andrés (Héctor Alterio) semella confundido, quizais polos intereses que o rodean (nunca o saberemos).

Sen ridiculizar xamais o carácter principal, Andrés fainos rir. As situacións ambiguas, moitas veces contraditorias, as réplicas mordaces, os personaxes duplicados, cambiantes, e por encima de todo a dúbida de se o que realmente sucede é o que di a familia ou é o que sente o pai, producen unha das obras máis divertidas, apaixonantes e profundas do teatro contemporáneo.

Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría da veces a un inquietante “thriller” ao estilo Hitchcock. Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar. 

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 20€ + gastos e no caso de non esgotarse, o propio día do espectáculo dende dúas horas antes do comezo na billeteira do Auditorio.