O modelo de Pontevedra a estudo no I Congreso iberoamericano para Policías en Puente Genil

17
    • O alcalde e o intendente principal da Policía Local participan con sendas conferencias hoxe nesta cita internacional que se celebra en Puente Genil, Córdoba

Pontevedra participa hoxe no I Congreso Iberoamericano para Policías pola seguridade e a educación viaria en Puente Genil para ser protagonista do II Panel das xornadas baixo o título “A cidade: seguridade, educación e mobilidade sostible”. Pontevedra estará representada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e polo intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle que impartirán sendas conferencias.

O alcalde intervirá ás 18.10 coa conferencia “Un percorrido pola transformación urbana de Pontevedra”. A intervención do intendente principal da Policía Local será ás 18.25 horas e tratará sobre “A educación viaria nunha cidade para os nenos”.

O único modelo que se debatirá no congreso é o de Pontevedra, xa que o resto de intervencións e ponencias abordarán a seguranza viaria en aspectos parciais, onde Pontevedra tamén dará a súa opinión, especialmente, sobre o traballo realizado nos camiños escolares e a súa actual implantación nos centros de ensino do rural.

Puente Genil Programa