O festival internacional ‘El més pettit de tots’ inaugurará a súa 13ª edición en Pontevedra

5

  • O sábado 4 de novembro é a data escollida desta festa para pequenos/as de 0 a 5 anos que terá lugar no Pazo da Cultura.
  • A mañá terá un caracter formativo para pais e educadores e á tarde celebraranse diversas actividades simultáneas para a primeira infancia.

A concelleira de Cultura, Carmen Fouces, presentou esta mañá unha nova proposta de carácter infantil para a nosa cidade. O festival internacional de artes escénicas para nenos/as de 0 a 5 anos, ‘El més petit de tots’, celebrará en Pontevedra a súa festa de inauguración. Será o sábado 4 de novembro, xusto o día anterior a que bote a andar a vindeira edición do Festival das Cóxegas, o domingo 5 de novembro.

Este festival transversal, naceu en Sabadell no ano 2005 e chega no 2017 á súa 13 edición celebrándose simultáneamente en 12 cidades catalás e durante dúas edicións, tivo lugar tamén en 10 puntos do País Vasco.

Carmen Fouces explicaba que, “dada a interesante e abundante programación infantil, esta é unha peza máis que encaixa perfectamente no noso puzzle dunha cidade colonizada polos/as nenos/as”. Destacou do festival non só o feito de ser un espectáculo bonito, senón a súa filosofía de achegar a pais e profesionais, formación e ferramentas para traballar con nenos na primeira infancia.”Temos a obriga de comprometernos e crear un mundo mellor”.

A fundadora e directora artística, Eulalia Ribera, amosou de xeito previo á explicación da programación –  que atoparedes no dossier que achegamos- a súa ledicia e sorpresa ao coñecer a nosa cidade, a importancia e o valor que se lle da á infancia e a filosofía de que “se é boa para os nenos/as e boa para todos/as” como lle comentou a concelleira. Do mesmo xeito agradeceu a oportunidade de presentar aquí o festival e facelo medrar, establecendo a partir desta, futuras colaboracións.

“Destinado a nenos de 0 a 5 anos, pretende non só achegar as artes escénicas a estas idades, senón facelo dun xeito adaptado a elas, cuns ritmos, pautas e rituais moi rigorosos.  Poden entrar ao festival nenos de máis de 5 anos pero terán a condición de adultos e poderán mirar pero non interactuar. Isto se debe a que a pesenza de nenos maiores, cohíbe e retrae aos máis pequerrechos e merma a experiencia. Poderán moverse polos espazos con total liberdade e entrar e sair das diferentes actividade ao seu ritmo e convidamos aos pais, avós, etc. acompañantes que os deixen gozar libremente sen achuchalos”, comentaba Eulalia.

A natureza do festival internacional  que este ano contará con compañías francesas, danesas e holandesas, etc e ata unha representación de Brasil – é totalmente contemporánea. A danza e xunto coa música unha das lenguaxes máis empregadas nos espectáculos: “As veces é algo moi abstracto e son os propios nenos os que explican aos maiores o que viron”. O feito de facelo simultáneamente en 12 cidades distintas que comparten produción e comunicación, fixo que se puidera manter en tempos de crise.

É ademais un espazo de reflexión para artistas, programadores, profesionais, educadores, etc que se presta ao debate de cara onde queremos ir, que beneficios ten achegar as artes aos pequenos, etc. Do mesmo xeito apostamos por facer obradoiros en bibliotecas, actividades con nenos e pais, etc en zonas de risco de exclusión social xa que consideramos que a arte é unha das mellores vías de inclusión.”

Esta actividade, que chegou a Pontevedra a través de Kandengue, ten aínda por perfilar de todo a súa programación e o prezo da entrada que, tal e como adiantaba Carmen Fouces “manterá a nosa política de prezos case simbólicos e accesibles a todo o mundo”